Arquivo por autores: vica

Acerca de vica

Mujer

ALETA DEL PESCAO

Estando Carla cos xeonllos magoados despois dun partido de fútbol, Joao deulle un valioso consello:

– Eso te pasa por no hacer “La aleta del pescao” cuando chutas a gol, evitas caerte y pones un golazo.

– Onde aprendiches esa técnica, Joao? Ensináronte os teus adestradores?

– No.

– Víchelo na tele?

– No.

– Contáchesllo ti, Carlos?

– Non, é a primeira vez que escoito falar da “Aleta del Pescao”. Non sabía que existía algo así.

– Pero Joao, non estarás confundido cunha chilena?

– No, la chilena nada tiene que ver con la aleta del pescao.

– Entón, de onde sae iso?

– Lo pensó mi cerebro solo.

(Le das por debajo a la pelota moviendo el pie como lo hace una aleta y consigues que vaya el balón por el aire)

Categorías: Uncategorized | Deixar un comentario

ADEUS PRIMEIRO DENTE

Onte caeume o primeiro dente e pola noite veu o Ratiño Pérez!

DSC_4114

Categorías: Uncategorized | Deixar un comentario

AS CABAZAS DE SAMAÍN

As cabazas da avoa están metendo medo polos coles.

029071

A que fixo o meu amigo Juan:

34654859269

A que fixen eu:

DSC_2807

A de miña irmá:

DSC_2811

E menos mal que as nosas están na Coruña porque anda unha por Cee comendo no resto das cabazas do Samaín, a do meu primo Yerai, esa si que da meeeeedoooooo:

IMG-20141026-WA0003

Categorías: Uncategorized | Deixar un comentario

Mmmmmm

As primeiras castañas que como este ano…

112 113 141 DSC_2507

Desta vez ata fun apañalas.

PERO COMO ME GUSTAN AS CASTAÑAS….

Categorías: Uncategorized | Deixar un comentario

Unha Historia de Amistade

O venres pola tarde fun con Juan ao cumpleanos da súa prima Daniela. Pasámolo xenial xogando toda a tarde e portámonos moi ben.
Un pouquiño antes de marchar caín e levei un golpe na boca. Fíxenme pupa por dentro do beizo e saíame sangue pola boca.
Eu choraba moito porque me doía e porque estaba asustado de ver tanta sangue.
Juan miroume e sentiu tanta pena por min que chorou moito tamén.
Mamá levoume ao hospital e Juan quedou pensando en min, preocupado de como estaría eu. Pediulle a súa nai que nos chamase e Silva así o fixo.
No hospital curáronme a ferida e non precisei puntos, que ben, porque a min danme moito medo cando me poñen puntos.
Juan xa puido durmir tranquilo ao saber que a min xa non me doía tanto.
O primeiro que dixo Juan ao erguerse foi:
– Como estará o meu amigo Joao?
As mamás volveron falar e Juan quedou moi contento ao saber que eu estaba ben.
– Grazas Juan por quererme tanto. Eu tamén te quero.

A miña familia díxome que son sentimentos de amistade.

Categorías: Uncategorized | 2 Comentarios

ADEUS BARQUIÑA (agosto/14)

CIMG5151

Onte sufrimos un naufraxio do que só quedou isto:

IMG_8137

A barca que tiña máis anos ca min estoupou.

Fora un agasallo que mamá lle fixo a papá fai 6 anos. Con ela os compis do camping, Carla e eu dabamos paseos pola ría pero xa sexa porque subimos moitos ou porque a pobre xa estaba cansa, o caso é que chegou ao seu remate.

Estaremos pendentes de cando mamai queira facerlle un regalo ao papá, temos unha recomendación para darlle.

Máis aventuras de Tirán:

Ano 2013

 

http://ocornodoboi.blogspot.com.es/2013/07/lucia-e-juan.html
http://ocornodoboi.blogspot.com.es/2013/07/camping-tiran.html

Ano 2012

http://ocornodoboi.blogspot.com.es/2012/08/camping-tiran.html

Categorías: Uncategorized | Deixar un comentario

O Camping

Que ben o estou a pasar no camping ao que imos todos os anos. Agora mesmo estou xogando ao fútbol con outros compis pero tamén vou á praia, facemos xogos tradicionais, guincanas guarras, paseo, estou no parque, imos camiñando polas pedras co trueiro ou ganapán, como lle chaman os de Vigo. Fago un mogollón de cousas e aínda así hai momentiños nos que poño de menos a casa, o meus legos, os meus amigos, o parque de Eirís.

IMG_7970

Categorías: Uncategorized | Deixar un comentario

CASTELOS DE AREA

A min o que me gusta dos castelos de area é destruílos unha vez rematalos porque total vai levalos o mar cando suba a marea…

O día que viñeron as amigas de Carla con nosoutros á praia paseino xenial ao decidiren que o ían derruír. Era un castelo grandísimo que lles levou moito tempo facelo. Invitáronme a rompelo, que ben.

Despois eu inviteinas a xogar un partido.

Que de que era o partido?

De fútbol, por suposto.

praia 2014 (2) praia 2014 (6)

Categorías: Uncategorized | Deixar un comentario

BAÑO NA LONA

En xuño inauguramos a temporada de piscina de Cambre pero antes o tío Jose tivo que acondicionala e limpala.

Martín, Ana, Carla e eu contribuímos á limpeza.

A lona que tapa a piscina todo o inverno estaba porca así que decidimos botarlle auga e aproveitar para pasar unha tarde impresionante deslizándonos nela. Quedou impecable.

DSC_1025

 

Categorías: Uncategorized | Deixar un comentario

XOGOS TRADICIONAIS

Fai unhas semanas papá e mamá leváronnos a Carla e a min a pasar unha tarde de xogos tradicionais cos que me entretín moito, tanto foi así que desta vez non pedín voltar para a casa.

Ao remate meus pais dixeron: que pena que temos que marchar.

Apresureime a dicir: ehhh! que eu desta vez non protestei, non digades que marchamos por min!

Tanto Carla como eu mesmo conseguimos rematar todos menos un, que se nos resistiu e non fomos quen de facelo.

E acompañounos a avoa Antonia, unha tarde perfecta!

DSC_1676 DSC_1681

DSC_1687 DSC_1690

DSC_1692 DSC_1707

Categorías: Uncategorized | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.